PROXECTO ESMELLE
O Valle de Esmelle é un territorio situado no concello de Ferrol, que comprende as parroquias de Brión, Covas, Doniños, Papoi, San Xoan de Esmelle y San Xurxo. Trátase dun territorio costeiro con marabillosas praias, maxestosos acantilados, impresionantes monumentos, moitas cores e amabilidade en todos os rincóns. Poderás gozar de anoiteceres co son das olas, adentrarte na natureza camiñando, en bici ou a cabalo, soltar adrenalina ao saltar en parapente sobre os acantilados, bailar encima das olas, sumerxirte entre os peixes, escoitar historias pasadas de antigos naufraxios...
No territorio atópase a Asociación de Veciños Valle de Esmelle que vela polo desenvolvemento turístico a través de accións dinamizadoras para poñer en valor os recursos e servizos do destino Valle de Esmelle.
A primeira das accións realizadas foi o PROXECTO ESMELLE que se iniciou a finais do ano 2003 e aínda segue en vigor. Trátase dun plan de recuperación do patrimonio material e inmaterial a través da implicación dos veciños. Éste tivo os seguintes recoñecementos:
- 2005: Accésit no premio AGADER
- 2008: O Comité Hábitat Español seleccionou o proxecto para participar no VII concurso internacional de Boas Prácticas de Nacións Unidas na que o proxecto obtivo a clasificación de GOOD.
- 2008: Invitados como expertos no foro científico “Tribuna del Agua” da Expo Zaragoza.
- 2008: Premio á entidade do ano da Asociación Cultural “Lefre de Caldereta” de Ferrol.
- 2009: Insignia de Ouro do Concello de Ferrol.
- 2009: Boa práctica publicada no VII CATÁLOGO ESPAÑOL DE BUENAS PRÁCTICAS do Comité Hábitat Español.
- 2011: Finalista do Premio Nacional “Macario Asenjo” de Desenvolvemento Rural.
No ano 2012 levouse a cabo unha nova iniciativa turística que se xestou en torno ao Proxecto Esmelle coa financiación deste e da Asociación Galega de Desenvolvemento Rural, AGADER. Con este proxecto creouse a marca turística Valle de Esmelle para as parroquias de Papoi, Covas, San Xurxo, Doniños, Brión e San Xoan de Esmelle e levouse a cabo un produto turístico integral na zona coas seguintes actuacións:
- Xornadas de captación empresarial
- Adhesión ao empresariado
- Xeorreferenciación de actores e recursos
- Deseño, creación e configuración de paquetes turísticos
- Plan de Marketing dixital
- Creación de páxina web 2.0
- Xeración de ferramentas 2.0
- Creación da Rede Empresarial para o produto turístico
- Talleres sobre produto turístico innovador, promoción e comercialización
- Asistencia Técnica á rede
- Posta en marcha da oficina técnica do produto turístico do Valle de Esmelle
- Desenvolvemento de accións de promoción a través da oficina técnica do produto turístico.